b
QUEN SOMOS TRABALLA CON NÓS CONTACTO Facebook
Conta Comigo 2018
b
Conta Comigo 2018

Programa de lecer e tempo libre organizado pola FANPA de Pontevedra e a Concellería de Educación do Concello de Pontevedra, dirixido ás familias dos colexios públicos de Pontevedra.



Lugar: Consultar o lugar según a actividade
Fecha: De xaneiro a maio

O programa Conta Comigo está orientado a favorecer a participación familiar en actividades co obxectivo de fomentar a convivencia, o feito de compartir experiencias, o ocio educativo e a aprendizaxe conxunto.

 Anias participa no programa co desenvolvemento das seguintes actividades:

 - "Ioga en familia"

Practicar ioga en familia é unha forma xenial de fomentar o encontro nun ambiente distendido, relaxado e diferente. Unha forma de compartir o tempo cos nosos fillos e fillas mentres realizamos unha actividade corporal que axuda a fortalecer os vínculos afectivos e a comunicarnos nun plano diferente ao da comunicación verbal.

Dende 3 anos, os sábados. no CEIP Froebel.

Horarios:

Grupo 1: De 11:00h a 12:00h

Grupo2: De 12:00 a 13:00

Fechas:

27 de xaneiro

3, 10, 17, 24 de febrero

3, 10, 17 de marzo.

 -  "Obradoiro de Sushi"

Este obradoiro  proporciona os coñecementos necesarios para achegarse a un dos platos máis internacionais e  coñecidos da cultura xaponesa: o sushi.

Dende 4 anos, os sábados. no CEIP Froebel.

Horarios:

De 12:00h a 13:30h

Fechas:

27 de xaneiro

3, 10, 17, 24 de febrero

3, 10, 17 de marzo

 -  "Obradoiro de Barro"

Traballar con barro proporciona unha experiencia multisensorial ao mesmo tempo que estimula a imaxinación, a psicomotricidade coas mans e a creatividade. 

Dende 6 anos, os sábados de 11:00 a 12:30h. na Casa Azul.

Horarios:

De 11:30h a 13:00h

Fechas:

7, 14, 21, 28 de abril

5, 12, 19, 26 de mayo 

  -  "Obradoiro de Cine"

Con este obradoiro buscamos aproximar as familias ao fantástico mundo do cine, pero visto desde dentro para o que se converterán en actores e actrices, guionistas, cámaras, maquilladores, e estilistas.... Crearán e estrearán en pantalla grande a súa propia curta.

Dende 4 anos, os venres no local da FANPA.

 Horarios:

De 18:30h a 20:00h.

 Fechas:

23 de febrero

2, 9, 16 y 23 de marzo

6,13, 20 de abril.

 -  "Obradoiro de Scrapbook"

 O scrapbook é unha técnica decorativa que nos permite  organizar e  documentar de forma orixinal e creativa nun álbum a nosa historia persoal e familiar a partir de fotos, recortes, cartas, postais, e outros elementos que queiramos utilizar para preservar  eventos, viaxes, aniversarios, etc.

Dende 4 anos, os sábados no CEIP Álvarez Limeses

Horarios:

De 11:00h a 12:30h. 

Fechas:

7, 14, 21, 28 de abril

5, 12, 19, 26 de mayo

  

Máis información:

 FANPA Pontevedra:

 - Sede: rua Xan Guillerme 9

 - Correo electrónico: actividades@nontedurmas.org

 - Teléfono: 986 843 412

 ANIAS:

     - Oficina: rúa Echegaray, nº 39, baixo (Pontevedra)

     - Teléfonos: 986 864 598 (oficina), 685535202 (Cristina), 649346457 (Ana). Chamar en horario laboral.

 

b
b b

Contacto                          

Echegaray, 39 Baixo
36002-Pontevedra

Tel. 986 864 598
Fax 986 161 161


contacto@anias.es
 


 
Síguenos                        



Boletín de noticias
Actividades en curso
Próximas actividades
Catálogo de servizos
Aviso legal