b
QUEN SOMOS TRABALLA CON NÓS CONTACTO Facebook
Actividades en curso > Formación > Anias ETLAS > Cursos de formación 2018
Cursos de formación 2018
b
Cursos de formación 2018

Anias ETLAS presenta os seguintes cursos de formación. Quedan abertos os prazos de matrícula. 



Lugar: Pontevedra

CURSO OFICIAL DE MONITOR/A DE TEMPO LIBRE

 

O curso oficial de monitor/a de tempo libre, homologado pola Xunta de Galicia, ten o obxectivo de formar a persoas interesadas en traballar no eido profesional do lecer educativo e o tempo libre, co obxectivo de que sexan quen de deseñar e realizar programacións de actividades socioculturais, educativas e recreativas, tanto no medio urbano coma na natureza.

Para poder matricularse neste curso son requisitos indispensables ter cumpridos os 18 anos e  estar en posesión, polo menos, dalgún dos seguintes títulos:

a) Graduado en Educación Secundaria, Graduado Escolar ou outro equivalente.

b) Técnico Auxiliar  en Formación Profesional ou outro equivalente.

Coa posibilidade de optar á nosa bolsa de emprego.

 

Duración: 350 horas  (200h teóricas e 150h prácticas)

Datas realización: do 6 de abril ao 17 de xuño

Horario:

- Venres:   De 16:00h a 21:00h

- Sábados: De 9.00h a 14:00h e de 16:00h a 21:00h

- Domingos: De 10:00h a 13:00h

 

CURSO DE PSICOMOTRICIDADE E RECURSOS PEDAGÓXICOS PARA ATENDER Á DIVERSIDADE

 

Este curso está dirixido a educadores/as, monitores/as  e diferentes profesionais que traballan con menores, abordando a psicomotricidade como recurso pedagóxico de atención á diversidade dende unha perspectiva inclusiva, a través de técnicas, dinámicas e xogos motrices que favorezan o desenvolvemento integral  do/a neno/a.

 

Duración: 24 horas

Datas realización: Os sábados 12, 19 e 26 de maio 

Horario: Pola mañá de 9:30h a 13:30h e pola tarde de 16:00h a 20:00h.

 

CURSO DE PROGRAMACIÓN E INICIACIÓN Á ROBÓTICA

 

O curso de programación e iniciación á robótica é unha formación dirixida a persoas interesadas na ensinanza do público infantil e xuvenil. Os contidos deste curso prepararan ós/ás alumnos/as en materia de programación e robótica educativa para sexan quen de ensinar as posibilidades e os usos destes recursos didácticos

 

Duración: 16 horas

Datas realización: Os venres 20 e 27 de abril, 4, 11, 18 e 25 de maio, 1 e 8 de xuño

Horario: De 18:15h a 20:15h

 

CURSO BÁSICO DE HIXIENE E MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS

 

O Curso básico de hixiene e manipulación de alimentos é necesario, segundo á lexislación vixente, para formar a aquelas persoas que polo seu traballo están en contacto directo cos alimentos (comedores de centros escolares, hostalería, hospitais, transportistas, etc)

Neste curso darase información sobre como manipular os alimentos, o sistema APPCC, posibles perigos, enfermidades alimentarias, prácticas de hixiene, limpeza e desinfección.

Os certificados expedidos están autorizados pola Dirección Xeral de Saúde Pública.

Duración: 3 horas

Datas realización: O venres 6 abril

Horarios:De 10:00h a 13:00h

 

 

CURSO DE RECURSOS DIDÁCTICOS E MEDIOAMBIENTAIS PARA A CREACIÓN DUNHA HORTA ECOLÓXICA

 

Este curso está pensado para persoas interesadas en obter os coñecementos básicos necesarios para por en marcha dunha horta didáctica, ou para aqueles que xa a teñen pero queren afondar en coñecementos técnicos sobre horticultura ecolóxica.

Os contidos do curso abarcan a planificación e posta en marcha, coidados, mantemento, tratamento de pragas, elaboración de compost, etc. 

Duración: 20 horas

Datas realización: 7, 14, 21 e 28 de xullo.

Horario: De 9:00h a 14:00h 

 

CURSO BÁSICO DE PREVENCIÓN E PRIMEIROS AUXILIOS

 

Ten como obxectivo principal formar aos/ás  participantes para poder ofrecer unha axuda eficaz ás persoas que se atopan nunha situación de emerxencia, sexa por accidente ou enfermidade, para poder afrontar ese momento coa máxima seguridade posible.

Duración: 10 horas

Datas realización: Os venres18 e 25 maio

Horario: De 9:00h a 14:00h 

 

CURSO DE FORMACIÓN E INTERVENCIÓN EN COMEDORES ESCOLARES

 

O Curso de formación e intervención en comedores escolares ten como obxectivo principal complementar a formación das persoas participantes, dotándolles de información, técnicas e recursos específicos para o desenvolvemento das actividades propias que se realizan nos comedores escolares así como a capacitalos para intervir educativamente cos/coas usuarios/as dos servizos. Inclúe a obtención do certificado de manipulador/a de alimentos e o de prevención e primeiros auxilios.

Duración: 115horas  (80 teóricas e 35 prácticas)

Datas realización: Do 2 ao  30 de maio (excepto 18 e o 25 de maio)

Horario:  De luns a venres: 9:00h a 13:30h

 

 Prazos de inscrición:  

CURSO OFICIAL DE MONITOR/A DE TEMPO LIBRE

Do 19 ao 31 de marzo

CURSO DE PROGRAMACIÓN E INICIACIÓN Á ROBÓTICA

Do 19 ao 31 de marzo

CURSO BÁSICO DE HIXIENE E MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS

Do 19 ao 31 de marzo

CURSO DE PSICOMOTRICIDADE E RECURSOS PEDAGÓXICOS PARA ATENDER Á DIVERSIDADE

Do 23 ao 30 de abril

CURSO DE FORMACIÓN E INTERVENCIÓN EN COMEDORES ESCOLARES

Do 16 ao 25 de abril

CURSO BÁSICO DE PREVENCIÓN E PRIMEIROS AUXILIOS

Do 2 ao 14 de maio

CURSO DE RECURSOS DIDÁCTICOS E MEDIOAMBIENTAIS PARA A CREACIÓN DUNHA HORTA ECOLÓXICA

Do 2 ao 31 de maio

 

 Información e inscricións:


Teléfonos: 986 864 598 / 64
9346457                                                                              

Email: anias@anias.es

Enderezo: Rúa de Echegaray 39 baixo 36002 Pontevedra

 

b
b b

Contacto                          

Echegaray, 39 Baixo
36002-Pontevedra

Tel. 986 864 598
Fax 986 161 161


contacto@anias.es
 


 
Síguenos                        



Boletín de noticias
Actividades en curso
Próximas actividades
Catálogo de servizos
Aviso legal