Lugar: Anias
Fecha: Durante o curso escolar
Neste curso os nenos e nenas aprenderán ao seu ritmo informática e mecanografía de forma amena e divertida. O obxectivo é que aprendan a sacarlle partido ao computador non só para xogar ou para momentos de lecer, senon tamén como unha ferramenta útil para os seus estudos.
Contarán en todo momento coa axuda dun profesor que lles resolverá calquera dúbida e que irá avanzando con eles/as na súa aprendizaxe de forma progresiva e personalizada a través de exerciciós prácticos.