Actividade desenvolvida con FANPA Pontevedra.
Lugar: Pontevedra
Fecha: Durante o curso escolar
O programa Neuromotiva emprega o ábaco como sistema de adestramento das funcións intelectuais básicas para desenvolver competencias como a atención, a memoria, a visualización e o cálculo matemático.
Neuromotiva para Educación Primaria e Secundaria
É un novo concepto no ámbito da estimulación cognitiva. Chamada ximnasia ou fitness mental utiliza como ferramenta o ábaco e outras actividades complementarias que potencian a exercitación de diversas capacidades que axudan a:
- Mellorar a concentración e a atención
- Estimular a memoria auditiva e visual
- Desenvolver a destreza do cálculo mental.
- Establecer unha base sólida para o logro académico.
- Aumentar a autoconfianza
- Estimular todas as canles de aprendizaxe: visual-auditivo-kinestésico.
- Fomentar o interese e a motivación de logro.
Neuromotiva para Educación Infantil.
É unha actividade que potencia a estimulación cognitiva e sensorial a través de diferentes actividades (xogos, cancións, exercicios e actividades co ábaco fundamentalmente), que facilitan:
- A estimulación do xogo ordenado e preciso co ábaco escolar para adestrar a atención e promover a creatividade.
- A estimular todas as canles de aprendizaxe: visual-auditivo-kinestésico.
- O fomento do interese e a motivación de logro
Máis información:
FANPA Pontevedra:
- Sede: rua Xan Guillerme 9
- Correo electrónico: actividades@nontedurmas.org
- Teléfono: 986 843 412
ANIAS:
- Oficina: rúa Echegaray, nº 39, baixo (Pontevedra)
- Correo electrónico: extraescolares@anias.es
- Teléfonos: 986 864 598 (oficina), 685535202 (Cristina), 649346457 (Ana). Chamar en horario laboral.