b
QUEN SOMOS TRABALLA CON NÓS CONTACTO Facebook
Catálogo de servizos > Atención á infancia e xuventude > Servizos para centros escolares
Servizos para centros escolares
Servizos para centros escolares

Anias ten a experiencia e a confianza de anos traballando con e para os centros escolares públicos e privados galegos. Xestionamos e coordinamos as actividades escolares dos centros de infantil e primaria, axustando os grupos ás necesidades e perfiles dos cativos/as e garantindo o mellor servizo, profesionalidade e atención do noso equipo docente.

Xestionamos o servizo de atención a comedores escolares de almorzo, o coñecido en Pontevedra coma o Plan Madruga, ofrecendo almorzos saudables e variados para garantir as necesidades nutricionais dos máis pequenos, así como as suas necesidades de atención e coidado antes do inicio da xornada escolar.

Realizamos diferentes accións e campañas educativas e divulgativas sobre aspectos importantes no desenvolvemento e autonomía dos cativos e cativas coma persoas: alimentación, saúde, hixiene, prevención, habilidades sociais, creatividade, técnicas de estudo e concentración, relaxación, exercicio físico, educación en valores, interculturalidade, lingua, ecoloxía e medio ambiente...

b
b b

ALGÚNS EXEMPLOS

  • Servizos para centros escolares

    Alimentacion e Hábitos Saudables

    Realizamos actividades de sensibilizacion e educación en alimentacion sana e habitos de hixiene saudables para os cativos dun xeito divertido e eficaz para captar a atención dos mais pequenos. Colaboramos coa actriz e contacontos Raquel Queizas para crear unha obra dirixida aos colexios públicos de Pontevedra.
  • Servizos para centros escolares

    Madruga

    O Plan Madruga é un servizo de almorzo e atención lúdica ós cativos que se oferta nos centros escolares públicos para facilitar a conciliación laboral e familiar antes de inicio do horario escolar habitual ao longo do curso académico.
  • Servizos para centros escolares

    Extraescolares

    Actividades ás tardes nos centros escolares de lecer educativo, artísticas, creativas, físicas e deportivas para alumnos dos ciclos Infantil, Primaria e Secundaria. As extraescolares representan unha proposta educativa e de ocio complementaria á formación escolar.

Actividades en curso. Servizos para centros escolares

Programa Madruga  2017-2018
O Programa Madruga é un servizo complementario de apoio ás familias, tendo un caracter educativo e social.
01

Pontevedra

Durante o curso escolar
Visitas para escolares á Biblioteca Pública de Pontevedra
O programa de visitas á Biblioteca Pública contempla diferentes liñas de actuación enfocadas a estimular o goce pola lectura e a divulgar entre os cativos/as os recursos educativos da biblioteca.
02

Biblioteca Pública de Pontevedra

De novembro a maio
Programa Neuromotiva. Estimulación mental con ábaco.
Actividade desenvolvida con FANPA Pontevedra.
03

Pontevedra

Durante o curso escolar
b b

Contacto                          

Echegaray, 39 Baixo
36002-Pontevedra

Tel. 986 864 598
Fax 986 161 161


contacto@anias.es
 


 
Síguenos                        



Boletín de noticias
Actividades en curso
Próximas actividades
Catálogo de servizos
Aviso legal