b
QUEN SOMOS TRABALLA CON NÓS CONTACTO Facebook
Lecer e tempo libre
Lecer e tempo libre

Un amplo e diverso equipo de profesionais do lecer educativo, a animación sociocultural e o tempo libre elaboran á medida das necesidades dos cativos/as e grupos, actividades lúdicas, divertidas e orixinais para que gocen de experiencias únicas e memorábels. Elaboramos rutas e excursións dun ou varios dias para descubrir os mellores recunchos de Galicia ou para gozar coma enanos nun parque de atraccións.

Animamos festas infantís e celebracións familiares. Organizamos eventos lúdicos creativos e participativos na rúa, así como exhibicións deportivas e culturais. Levamos ás familias a descubrir novos xeitos de gozar e convivir con outros, a través de obradoiros, roteiros, xornadas de convivencia...

Planificamos e xestionamos inesquecíbels campamentos e ludotecas estivais ou durante os períodos vacacionais sempre seguindo criterios de conciliación laboral e familiar. A nosa proposta, marcada polo compromiso e a responsabilidade, ofrece unhas experiencias de lecer e tempo libre vinculadas ás vilas, ás cidades e mesmo aos espazos naturais e ao rural galego.  

Todo isto e moito máis é posíbel connosco. 

b
b b

ALGÚNS EXEMPLOS

  • Lecer e tempo libre

    Campamentos

    Somos conscientes da importancia que ten a educación no ocio activo para que o neno creza san e feliz. Por iso, ofrecemos unha ampla variedade de actividades dirixidas a cubrir as necesidades lúdicas e culturais da comunidade infantil e xuvenil, tanto ao longo do curso escolar coma durante os períodos vacacionais.
  • Lecer e tempo libre

    Festas e animacións

    Animacións temáticas Cada animación temática é unha aventura chea de fantasía e orixinalidade: piratas, indios, gags de humor e acrobacias circenses, xogos de auga, xogos populares...

Actividades en curso. Lecer e tempo libre

Curso bilingüe multimedia para nenas e nenos
01

Oficina Anias

Outubro
 
 
b

Próximas actividades. Lecer e tempo libre

Conta Comigo 2018
Programa de lecer e tempo libre organizado pola FANPA de Pontevedra e a Concellería de Educación do Concello de Pontevedra, dirixido ás familias dos colexios públicos de Pontevedra.
01

Consultar o lugar según a actividade

De xaneiro a maio
 
 
b

Contacto                          

Echegaray, 39 Baixo
36002-Pontevedra

Tel. 986 864 598
Fax 986 161 161


contacto@anias.es
 


 
Síguenos                        



Boletín de noticias
Actividades en curso
Próximas actividades
Catálogo de servizos
Aviso legal