Playing English é un programa de inglés organizado por FANPA (Federación de ANPAS de centros públicos de Pontevedra) que se desenvolve en varios centros escolares públicos da cidade de Pontevedra.
(Consultar na ligazón da dereita)
Lugar: Centros escolares públicos
Fecha: Durante o curso escolar
PLAYING ENGLISH é unha actividade organizada pola Federación de Anpas de Pontevedra (FANPA) e xestionada por Anias.
- As clases darán comezo no mes de outubro e prolongaranse ata o remate do curso escolar.
- As clases de inglés abarcan dende 5º de infantil ata 6º de primaria.
- A partir de 2º de primaria é posible para as familias que o desexen preparar aos alumnos e alumnas para obter certificacións de Trinity e, a partir de 4º de primaria tamén é posible presentarse ás probas de Cambridge, habendo uns dias e horarios específicos para a súa preparación.
- As familias inscritas na ANPA teñen desconto na cuota mensual.
- Para inscribirse nas clases soamente é necesario premer no apartado da dereita de inscrición en liña e cubrir os datos que se solicitan no formulario.
Se tendes calquera dúbida sobre o programa podedes contactar con nós a través dos teléfonos 649 34 64 57 (Ana) - 611 00 48 77 (Tes) ou a través deste correo electrónico.