b
QUEN SOMOS TRABALLA CON NÓS CONTACTO Facebook
Quen somos
Quen somos
b
Quen somos

ANIAS é unha empresa galega que traballa nos ámbitos de atención á infancia e xuventude, a dinamización sociocultural, a formación e o tempo libre.

Dende hai máis de quince anos, Anias representa un punto de encontro no que conflúen persoas con experiencias e traxectorias formativas diversas. Iso permítenos traballar cun enfoque multidisciplinar, creativo, innovador e marcado polo compromiso coa cultura e a sociedade.

Deseñamos, xestionamos e executamos proxectos, programas e servizos personalizados segundo as necesidades dos nosos usuarios e clientes, tanto individuais coma institucionais ou para colectividades.

Somos unha empresa con valores que traballa coa responsabilidade de conciliar cultura, educación e lecer. Esforzámonos día a día en ofrecer os mellores produtos e servizos.

O noso reto é contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas de tódalas idades, atendendo aos seus aspectos cognitivos, emocionais e sensibles. Deste xeito, desenvolvemos o noso labor fornecéndonos do traballo pedagóxico, das programacións culturais, das actividades de lecer e da formación especializada.
b
b anias b

Contacto                          

Echegaray, 39 Baixo
36002-Pontevedra

Tel. 986 864 598
Fax 986 161 161


contacto@anias.es
 


 
Síguenos                        



Boletín de noticias
Actividades en curso
Próximas actividades
Catálogo de servizos
Aviso legal