O programa Eureka está pensado para dar resposta a unha necesidade latente en Pontevedra: o enriquecemento curricular dos rapaces e rapazas con altas capacidades fora do horario educativo.
Lugar: CEIP Praza de Barcelos
Fecha: Durante o curso escolar
Eureka representa unha iniciativa nova na cidade de Pontevedra que se desenvove no CEIP Praza de Barcelos. É a primeira experiencia que se pon en marcha orientada a equilibrar e desenvolver as intelixencias múltiples do alumnado diagnosticado con altas capacidades. O primeiro grupo formouse con alumnos/as de distintos colexios de Pontevedra.
Dende o equipo docente de Anias, traballouse para adaptar a metodoloxía e establecer unhas orientacións pedagóxicas adecuadas para traballar cos rapaces e as rapazas con altas capacidades.
A grandes trazos, pártese da idea de desenvolver a intelixencia lóxico-matemática, lingüística e espacial xunto coas dinámicas enfocadas a traballar a intelixencia social e a xestión das emocións. Por outro lado, cremos que é moi importante estimular tamén a capacidade creativa en idades temprás coa finalidade de ofrecer novos horizontes ao alumnado con altas capacidades.
Situamos no centro do proxecto os seguintes valores: a cooperación e o traballo en equipo, a autoestima e o autodescobremento, a creatividade, o pensamento diversente e o pensamento crítico. Cremos que eses valores e principios deben estar presentes en todas as actividades que se realizen.