Programa de atención e apoio a nenos e nenas con déficit de atención e hiperactividade en colaboración coa FANPA e os concellos de Pontevedra e Sanxenxo.
Lugar: Pontevedra/Sanxenxo
Fecha: Durante o curso escolar
O programa PAE de atención específica a nenos/as con TDAH iniciouse en marzo de 2010 en varios colexios públicos de educación primaria. Este proxecto xurdiu da demanda e a colaboración de moitos axentes. Nel participaron máis de 30 familias. Os resultados positivos tanto nos cativos, coma nas familias e entre o profesorado, xustifican a necesidade de continuar e ampliar a oferta a centros educativos de Educación Primaria e Secundaria de outros concellos.
O TDAH é un trastorno da conducta, no que interveñen tanto factores xenéticos como ambientais e que se manifesta durante a infancia. Alguns síntomas son o aumento da actividade física e/ou impulsividade e a dificultade para manter a atención e a concentración nunha actividade durante un período de tempo continuado.
Afecta do 3% ao 5% da poboación escolar. Diagnosticase sobre os 7 anos de idade e de entre un 30% e un 60% dos cativos e cativas continúan co trastorno durante a idade adulta.
A intervención lévase a cabo dende as seguintes liñas de traballo:
1.- Intervención terapéutica en grupo co neno/a dende a atención cognitiva e a psicomotriz.
2.- Formación para as familias, facilitando información de intrese, deseñando estratexias de actuación e aportando ferramentas para favorecer unha comunicación positiva e a creación dun clima familiar adecuado.
3.- Colaboración cos centros educativos, a través do departamento de orientación co asesoramento e o apoio ás familias, ademais do mantemento de vias de comunicación entre os profesionais do programa e os do centro educativo.
Na actualidade, o programa realízase en Pontevedra e Sanxenxo (Portonovo).
Para máis información contactar cos teléfonos 986 86 45 98 e 615 78 05 28 ou polo correo electrónico anias@anias.es