b
QUEN SOMOS TRABALLA CON NÓS CONTACTO Facebook
Catálogo de servizos > Atención á infancia e xuventude > Atención psicopedagóxica
Atención psicopedagóxica
Atención psicopedagóxica

A atención psicopedagóxica aborda diversas liñas de actuación cara a unha mellor calidade de vida dos rapaces e rapazas integrando a colaboración activa das familias e dos centros educativos. Traballamos dende a máxima confidencialidade e profesionalidade para atender as necesidades persoais e específicas de cada familia. Abordamos a intervención tanto nos seus aspectos motores coma cognitivos, para favorecer e contribuír a un desenvolvemento integral, sostido e sensible do neno/a ou adolescente.

A intervención psicomotora vai encamiñada a que cada neno/a sexa considerado como suxeito que pode sentir, expresarse, representarse co seu corpo en relación cos demais, co espazo, cos obxectos. Sentir os seus límites, as súas tensións, dificultades, capacidades. Traballamos a través do movemento e da acción compartida para controlar a impulsividade e agresividade.

A intervención cognitiva desprega estratexias encamiñadas a paliar os déficits cognitivos relacionados coa toma de decisións entre alternativas, toma de perspectiva social, autoestima, amplitude de estratexias de solución de problemas, percepción de emocións, etc.

A atención a rapaces e rapazas con altas capacidades conforma unha liña de actuación centrada na educación das diferentes intelixencias do alumnado, tanto polo que se refire ás competencias lingüísticas, sociais e matemáticas como na xestión das emocións e a autoestima.

A atención ás conductas disruptivas engloba un conxunto de accións encamiñadas a paliar as conductas inapropiadas dos cativos e cativas, especialmente cando aparecen formas de agresividade, e que se manifesta nos contextos educativos e familiares.   

b
b b

ALGÚNS EXEMPLOS

  • Atención psicopedagóxica

    Autoestima e motivacion

    Obradoiro practico e grupal para asentar nos cativos valores e aptitudes que fomenten e desenvolvan neles a sua autoestima e a motivación para acadar as suas metas e obxectivos persoais e académicos. As actividades están orientadas a traballar diferentes aspectos da personalidade dos cativos segundo a súa idade.
  • Atención psicopedagóxica

    Déficit de atención e hiperactividade TDAH

    O TDAH é un trastorno da conducta, no que interveñen tanto factores xenéticos como ambientais e que se manifesta durante a infancia. Alguns sintomas son o aumento da actividade física e/ou impulsividade xunto coa dificultade para manter a atención e a concentración nunha actividade.
  • Atención psicopedagóxica

    Educar Hoxe

    EDUCAR HOXE Educar hoxe é un programa creado para atender ás demandas cada vez máis manifestas dos educadores, titores e adultos responsables da educación dos menores. A sociedade da información actual, presenta moitos e moi complexos retos tanto a pais coma a docentes.

Actividades en curso. Atención psicopedagóxica

Programa PAE de atención específica a nenos/as con TDAH
Programa de atención e apoio a nenos e nenas con déficit de atención e hiperactividade en colaboración coa FANPA e os concellos de Pontevedra e Sanxenxo.
01

Pontevedra/Sanxenxo

Durante o curso escolar
 
 
b b

Contacto                          

Echegaray, 39 Baixo
36002-Pontevedra

Tel. 986 864 598
Fax 986 161 161


contacto@anias.es
 


 
Síguenos                        



Boletín de noticias
Actividades en curso
Próximas actividades
Catálogo de servizos
Aviso legal