Comezamos coa vontade de ofrecer formación actualizada e creativa tanto para monitores coma para persoas interesadas en traballar no eido do lecer e o tempo libre. O sistema educativo da escola organízase en 6 liñas de formación orientadas á xestión, organización e/ou realización de actividades lúdico-deportivas e socioculturais:
- Ocio educativo e tempo libre: obradoiros específicos de formación especializada en animación e dinamización do ocio e o tempo libre de diferentes públicos ou colectivos –nenos, adolescentes, xente nova, familias, persoas maiores, persoas con discapacidades, adultos-.
- Creación e cultura: cursos monográficos de técnicas creativas, artísticas e de manualidades, así como de métodos e ferramentas para a educación artística e creativa orientada por públicos.
- Saúde e deporte: formación especializada e dirixida á capacitación e á ampliación de coñecementos en aspectos da saúde física e psíquica, a alimentación, o deporte e as relacións sociais aplicados as demandas sociais.
- Natureza e medio ambiente: ferramentas, técnicas e métodos para a interpretación e a educación ambiental en espazos urbanos e naturais.
- Novas tecnoloxías: formación de “monitores 2.0.” que saiban aplicar e aproveitar as tecnoloxías dixitais e os novos medios de comunicación ao seu traballo de animación do lecer e o tempo libre.
- Laboral: cursos prácticos sobre aspectos laborais do traballador do sector do ocio, lecer e animación sociocultural.
|
|
|