Programas dirixidos a menores
- Apoio e formación en problemas de escolarización ou abandono escolar.
- Obradoiros a menores en risco de exclusión social: habilidades de comunicación, autoestima e motivación, obradoiros ocupacionais...
- Formación en hábitos de saúde e prevención das adiccións para centros escolares e institutos.
Minorías étnicas
- Programas de alfabetización
- Actividades de carácter sociocultural, como visitas a institucións culturais, excursións e xornadas para o coñecemento da cultura xitana, etc.
Colectivos de inmigrantes
- Cursos introdutórios de lingua galega e española
- Obradoiros de cidadanía e elaboración de guías informativas nos ámbitos da educación, a saúde, o emprego e os dereitos e deberes.
Terceira idade
- Programa de saúde integral (exercicio físico, dieta, saúde psicoemocional)
- Cursos de memória
- Psicomotricidade para persoas maiores
- Obradoiro de música e cultura popular
Mulleres e igualdade
- Actividades relacionadas coa saúde biopsicosocial (ioga, risoterapia, arteterapia, bioenerxética, nutrición e alimentación, etc.)
- Conciliación e corresponsabilidade (cociña e habilidades domésticas para homes, arranxos de electicidade e fontanería para mulleres)
- Empoderamento (taller de autoestima e liderazgo, teatro para o empoderamento, mulleres e creatividade a través da arte)
- Formación e mercado laboral (técnicas de busca de emprego e formación para o autoemprego, achegamento ás redes sociais e novas tecnoloxías da comunicación, idiomas para profesionais)
- Asociacionismo (formación en asociacionismo e xestión de recursos, dinamización e facilitación de grupos)