b
QUEN SOMOS TRABALLA CON NÓS CONTACTO Facebook
Déficit de atención e hiperactividade TDAH
b
Déficit de atención e hiperactividade TDAH

O programa TDAH  iniciouse en marzo de 2010  en varios colexios públicos de primaria. Este proxecto xurdiu da demanda e a colaboración de moitos axentes. Nel participaron máis de 30 familias. Os resultados positivos tanto nos cativos, coma nas familias e entre o profesorado, xustifican a necesidade de continuar e  ampliar a oferta a outros centros educativos de Educación Primaria e Secundaria.   

O TDAH é un trastorno da conducta, no que interveñen tanto factores xenéticos como ambientais e que se manifesta durante a infancia. Alguns sintomas son o aumento da actividade física e/ou impulsividade e dificultade para manter a atención e a concentración nunha actividade durante un periodo de tempo continuado.

Afecta do 3% ao 5% da poboación escolar. Diagnosticase sobre os 7 anos de idade e de entre un 30% e un 60% dos cativos continúan co trastorno durante a idade adulta.

Realizamos a intervención psicoterapéutica en tres ámbitos:

1.- Individual

2.- Familiar

3.- Escolar

O noso obxectivo é intervir desde diferentes perspectivas directamente cos  rapaces/zas  e facilitar ferramentas educativas ao seu entorno e así poder xeneralizar os logros á súa rutina diaria, procurando que logren autocontrol nas súas capacidades e habilidades para enfrontarse con éxito á  vida familiar, social y escolar.

No desenvolvemento do Programa participan duas psicólogas, dous psicomotricistas, unha mestra con formación en psicoterapia e unha coidadora.

Para mais informacion contactar coa responsable do Programa no teléfono 615 78 05 28 ou por email carmela@anias.es

b
b b

OUTROS EXEMPLOS

Atención psicopedagóxica
b

Contacto                          

Echegaray, 39 Baixo
36002-Pontevedra

Tel. 986 864 598
Fax 986 161 161


contacto@anias.es
 


 
Síguenos                        



Boletín de noticias
Actividades en curso
Próximas actividades
Catálogo de servizos
Aviso legal