b
QUEN SOMOS TRABALLA CON NÓS CONTACTO Facebook
Apoio e reforzo educativo
b
Apoio e reforzo educativo

Para facer máis eficiente e produtivo o noso tempo de estudo é preciso saber empregar adecuadamente as ferramentas das que dispoñemos hoxe en día. Coñecelas e aplicalas de forma correcta permítenos optimizar o tempo dedicado ao estudo. Isto, por suposto, ten unha repercusión positiva para o alumnado. Permítelle acollerse a un modelo de estudo sólido e organizado, baseado en técnicas de sintetización, de esquematización e de resume combinadas coa utilización responsábel de recursos online.

Adquirir e empregar habilidades e técnicas de estudo conforma un dos pilares que garante o éxito académico a longo prazo. Ademais, hoxe en día dispoñemos de múltiples recursos online que poden reforzar o proceso educativo de maneira moi enriquecedora. Tanto o coñecemento das técnicas de estudo como o uso responsábel destes novos recursos da rede, dotan o alumnado dunha posición privilexiada á hora de afrontar o estudo. Por iso, cremos que é moi interesante achegarlle estes recursos, técnicas, dinámicas e contidos. O obxectivo último é que os rapaces e rapazas gañen en autonomía de estudo a medida que aprenden a aplicar os coñecementos adquiridos.

Propoñemos traballar en tres niveis diferenciados, aínda que complementários uns con outros. En primeiro lugar, teríamos as sesións correntes, centradas en acompañar o traballo escolar, resolver dúbidas e avanzar deberes. Por outra parte, realizaremos sesións específicas sobre diferentes técnicas de estudo e recursos online. E en derradeiro termo, faremos traballo online a través da participación do alumnado nun blog creado e xestionado polo profesor.

Tódalas sesións presenciais contarán cun esquema de funcionamento similar, o cal é importante para consolidar uns hábitos de estudo. A través das tres liñas de traballo que poremos en marcha queremos aportar ao alumnado unhas ferramentas teóricas, uns recursos novedosos e unhas dinámicas de estudo que lles axuden a afrontar o paso á educación secundária (ESO).

 

b
b b b

Contacto                          

Echegaray, 39 Baixo
36002-Pontevedra

Tel. 986 864 598
Fax 986 161 161


contacto@anias.es
 


 
Síguenos                        



Boletín de noticias
Actividades en curso
Próximas actividades
Catálogo de servizos
Aviso legal