b
QUEN SOMOS TRABALLA CON NÓS CONTACTO Facebook
Aula do Almofrei
b
Aula do Almofrei

A iniciativa conxunta do Concello de Pontevedra, a Comunidade de Montes do Salgueiral e Anias constitúe unha boa experiencia de traballo cooperativo co obxectivo de achegar aos cativos e cativas a riqueza do patrimonio cultural, social e ambiental do medio rural.

Unha das actividades de máis impacto na poboación local que desenvolve o Aula de Almofrei son as visitas guiadas para escolares pola aldea do Salgueiral. Isto permite amosar aos rapaces e rapazas o día a día cotián da veciñanza do rural, os traballos do campo, nas leiras e nas granxas, xunto coa actividade gandeira.

A parte das rutas para escolares, desenvólvense tamén outros itinerarios temáticos tanto para adultos como para menores:

- Roteiro fluvial polo Salgueiral

- Senda das plantas comestibles e froitos silvestres

- Senda dos sentidos

No marco da Aula do Almofrei tamén se desenvolveu o proxecto Estruming 2013 ou a xornada de traballo "O rural que queremos".

 

 

b
b b b

Contacto                          

Echegaray, 39 Baixo
36002-Pontevedra

Tel. 986 864 598
Fax 986 161 161


contacto@anias.es
 


 
Síguenos                        



Boletín de noticias
Actividades en curso
Próximas actividades
Catálogo de servizos
Aviso legal